Repara os obxectos que tes rotos ou algo deteriorados e alonga a vida útil dos teus bens materiais poñéndote mans á obra.
Repara
Queres aprender a reparar un moble? Ou saber como arranxar un grifo que gotea? Neste apartado da páxina web de medio ambiente do Concello do Rosal podemos axudarche a facer todo iso e moito máis.
Contacta con nós.
Atoparás unha serie de profesionais e voluntarios que te ensinarán como se poden reparar diferentes obxectos: mobles, pequenos aparellos electrónicos, roupa, bicicletas…. tendo en conta sempre os horarios de cada especialidade.
Tamén haberá obradoiros de balde monográficos de diversas temáticas para axudarche a reparar todo o que precises.
Trae ao edificio da rúa Cumieira os obxectos que teñas estropeados e os técnicos ensinaranche como se poden arranxar. Especialidades en bicicletas, bricolaxe (fontanería, electricidade e pequenos aparellos eléctricos ou electrodomésticos), carpintería, informática e aparellos electrónicos e téxtil.
Consulta as charlas, obradoiros e xornadas de reparación que se porán en marcha no concello do Rosal para camiñar da man contigo cara unha economía circular, máis respectuosa co medio ambiente e sostible.
A web de medio ambiente do concello do rosal servirá de ferramenta paara ofrecerche diferentes posibilidades para alongar a vida útil dos teus obxectos e xerar menos residuos orgánicos e inorgánicos, recuperando obxectos que xa non empregas por estar deteriorados ou rotos pero aos que lle tes grande aprecio e lles das valor.