XABÓN CASEIRO
Medidas de protección
- Facer o xabón nun lugar ventilado
- Protexer o corpo e pés con roupa e calzado vello
- Luvas, gafas e máscara facial
- Utilizar recipientes de plástico resistentes á calor e culler de madeira ou plástico
No Concello do Rosal prodúcense diariamente máis de 7.000 kg de residuos sólidos urbanos, entre os que podemos atopar ademais de materia orgánica, papel e cartón, plásticos ou vidrio, entre outros.
Un dos piares da economía circular é a redución, redución do uso de materias primas e redución do consumo de enerxía grazas a un mellor aproveitamento dos recursos naturais e a incorporar os residuos ao ciclo produtivo.
Tendo en conta que o mellor residuo é aquel que non se xera, podes contribuír á redución na produción de residuos aplicando no teu día a día pequenas accións como as que podes ver a continuación.
Lembra desconectar os aparellos eléctricos cando non os utilices: televisión, ordenadores, radio, etc.
Aproveita a luz natural sempre que sexa posible e non acendas as luces que non precises. Substitúe as lámpadas da casa por lámpadas led.
Non deixes o cargador do móbil conectado á rede se non estás cargando o teléfono.
Cando poñas a calefacción ou o aire acondicionado lembra ter as fiestras da casa pechadas e acendelos a temperaturas confortables: nin demasiado altas no caso da calefacción nin baixas no do aire acondicionado.
Reduce as embalaxes, botes e caixas nas túas compras:
O café que fan no bar está delicioso pero, se non tes tempo para poder tomalo alí mesmo e vas pedir un “café para levar”, utiliza a túa propia taza ou vaso de casa. Se prefires que teña tapa por non correr o risco de verter accidentalmente o contido do café, á venda hai vasos – termo coas medidas idóneas para colocar debaixo da cafeteira. Iso si, comproba que non sexan demasiado grandes para que poidan servircho directamente nel.
Reemprega os botes de vidro de alimentos como legumes cocidos, conservas… para gardar o café, froitos secos, arroz… Podes empregalos tal cal, pintalos ou decorar as tapas para que queden máis bonitos.
Algunhas alternativas son:
Queres mercar carne, peixe, embutido pero non queres levar bandexas de polispán, filme transparente, ou papel de envolver para a casa? Algúns establecementos permítenche facer a compra levando ti o teu propio envase. Pregunta á persoa do establecemento se podes facelo e, de ser así, leva o teu recipiente de vidro (preferiblemente) cando vaias mercar o peixe, carne ou calquera outro produto.
Estás preparando a comida e queres gardar esa media cebola que non empregaches pero non queres usar filme transparente…
No lugar de levar a merenda nunha bolsa de plástico ou envolta en papel de aluminio ou filme transparente hai moitas opcións:
Diminúe os envases decantándote por opcións Aforro. Á hora de mercar produtos con embalaxe, escolle as opcións de maior tamaño ou cantidade. xa que, por exemplo, mercando un paquete de pasta de 1kg xeraremos menos residuo que mercando dous de 500 g. O mesmo ocorre co resto de produtos. E se estás pensando “eu prefiro mercar paquetes pequenos para que non se me estraguen os alimentos” lembra que, coa meirande parte dos produtos, o que non consumas ao abrir o paquete, podes gardalo nun bote de vidro para outra ocasión.
En lugar de empregar botellas de plástico para gardar a auga, podemos empregar botellas de vidro. Son duradeiras, moito máis sinxelas de lavar en profundidade e máis inertes, polo que todo son vantaxes.
Algunhas alternativas son:
Dille adeus ás palliñas dun só uso. A mellor opción é sempre a de beber apoiando os beizos no vaso pero se precisas empregar palliñas, no mercado hai alternativas feitas de bambú ou palliñas metálicas reempregables.
Evita imprimir cousas innecesarias. Elixe o formato dixital sempre que sexa posible. Coas compañías de teléfono, electricidade e outros servizos solicita a factura electrónica, recibirala no correo electrónico que desexes e reducirás o papel da factura, o da propaganda que moitas veces a acompaña e o do sobre.
Reemprega os papeis usados por unha soa cara para tomar notas, debuxar…
Co papel xa empregado polas dúas caras pódese facer papel reciclado.
E xa por último, se vas tirar o papel LEMBRA, AO CONTEDOR AZUL!
Nos días fríos de inverno agradécese unha ducha ben quentiña. Non obstante, a auga é un recurso esencial para as nosas vidas que non debemos desperdiciar polo que é unha mágoa que un ben tan prezado, e moitas veces pouco valorado, escape polo desaugue abaixo. Cando abras a billa e esteas deixando correr a auga agardando a que saia morna, coloca un caldeiro, unha botella ou algún recipiente no que poder recollela. Emprega esa auga para regar as plantas, fregar o chan… e contribúe a non desperdiciar un recurso tan valioso.
Ao longo da nosa vida empregamos infinidade de pilas, xa que a gran maioría dos nosos aparellos do fogar precisan delas. Por que utilizar pilas desbotables cando podemos mercar pilas recargables? O medio ambiente agradecerá este xesto, pero o teu peto tamén, xa que o custe que teñen compénsase axiña cun par de recargas.
No mercado hai diferentes alternativas aos peites e cepillos de plástico feitas de madeira, con cordas naturais, etc. No mercado hai cepillos de dentes de bambú, madeira, e outros materiais mais comprometidos co medioambiente. Empregando o cepillo eléctrico xérase menos cantidade de refugallo en cada recambio que cos cepillos de dentes de plástico pero, ao remate da súa vida útil, acabaremos tendo tamén o residuo dun pequeno aparello eléctrico para xestionar.
Ao longo da vida, as mulleres empregan miles de tampóns, compresas e salvaslips. Estes residuos son altamente contaminantes, xeran gran cantidade de residuos que enchen os contedores e percorren centos de quilómetros antes de ser incinerados e ademais, hai persoas que incluso os desbotan polo retrete ocasionando múltiples problemas no sistema de saneamento das augas residuais.
Para ter unha menstruación máis sostible, no mercado hai diferentes alternativas como son a copa menstrual, as bragas menstruais e as compresas e salvaslips de tea. Empregando este tipo de alternativas redúcese moitísimo a cantidade de lixo que se xera durante cada menstruación.
As toalliñas húmidas, descubrimento moi práctico que se está convertendo no gran problema do saneamento. Moitas persoas empregan toalliñas húmidas que logo desbotan no lixo, no mellor dos casos, ou no váter. Algunhas como as que acompañan certas compresas indican que poden ser desbotadas dese xeito.
A realidade é que as toalliñas ocasionan moitos atascos na rede de saneamento provocando a saída de augas fecais polos rebosadeiros. Isto supón un grande impacto ambiental que ademais ten un gran custo económico engadido xa que, cada vez que isto ocorre, hai que investir cartos para retirar o atasco e que a rede de saneamento poida volver a funcionar con normalidade.
Algunhas alternativas:
Reduce as botellas de plástico e bebe auga da billa. Se non che gusta o sabor da auga da billa da túa casa, coloca algunha das opcións de filtros dispoñibles do mercado. Se non podes ou non queres facer esa inversión (que a longo prazo son moito máis rendibles que mercar botellas e a curto prazo moito mais sostibles) hai alternativas mais económicas como xerras filtrantes, filtros de carbón activado, o binchotan ou outras.
Emprega toalliñas de algodón lavables para desmaquillarte no lugar de discos de algodón desbotables ou esponxas. As toalliñas son moi prácticas, poden lavarse (co que reducimos os residuos xerados) e duran moitos anos. Ademais de mercalas, podes fabricalas ti mesm@ e personalizalas empregando as telas que mais che gusten.
Cambia os panos de papel de un só uso por panos de tea. Deste xeito reducirás moito residuo e aforrarás cartos.
Os bastonciños dos ouvidos son altamente nocivos para o medioambiente xa que en moitas ocasións son desbotados polo retrete e acaban enchendo de plástico os nosos mares. No mercado existen diferentes alternativas: bastonciños co pau de cartón, conos de cera de abella ou opcións feitas con bambú. Proba a opción que mais che convenza e, se aínda empregas bastonciños con pau de plástico, lembra tiralos sempre na bolsa do Resto (colector verde).
Para a ducha, no lugar de empregar esponxas de plástico pódense empregar as de lufa. Na cociña podemos substituír o estropallo por unha esponxa de lufa, de esparto ou cepillos de madeira.
Nota:
A baixas temperaturas, o aceite de coco solidifica polo que pode ser necesario aplicar calor coa man ou coa propia axila para derreter un pouco o desodorizante e poder aplicalo.
Cortar coas mans o papel xa escrito polos dous lados en anaquiños pequenos. Por exemplo, dun folio facer 8 anacos.
24 horas antes da sesión deixar en remollo os anacos de papel nun tinón ou capacho.
Durante a sesión de confección de papel:
Os envases de plástico, aínda que pesan pouco, ocupan moito, enchendo moi rápido o colector amarelo. Podes contribuír a non saturar este colector dos seguintes xeitos:
É recorda… Únete ao cambio!
Este xogo pode facerse empregando calquera outro recipiente con asa baleiro e tomará o nome do contido orixinal do envase, por exemplo, se o bote era de suavizante chamarase Suavibol, etc.
Nota: Coas noces poden facerse infinidade de manualidades: xoaniñas, arañas, barcos… Deixa voar a túa imaxinación e crea!.