Reciclaxe

COLECTOR AMARELO: ENVASES

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Botellas e envases de plástico: bolsas, envoltorios, botellas con tapas, terrinas, bandexas, etc.
  • Envases metálicos: latas, aerosois, tapóns metálicos, bandexas de aluminio, etc.
  • Bricks (leite, zume, etc)

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Xoguetes, baldes, cadeiras de plástico, etc
  • Biberóns e chupetes
  • Utensilios de cociña
  • Cápsulas de café
  • CD-ROM

HORARIO DE RECOLLIDA

Martes: centro do Rosal

Venres: todo o concello

TEN EN CONTA…

Os envases de plástico, aínda que pesan pouco, ocupan un volume moi grande polo que enchen rápido o colector amarelo. Nós podemos contribuír a non saturar este colector dos seguintes xeitos:

–  Buscar alternativas dos produtos sen envases

–  Esmagar os envases antes de tiralos ao lixo: latas, botellas, bricks,…

Empregar bolsas máis pequenas para os envases. Con este xesto evitaremos atascar o colector amarelo con bolsas moi grandes xa que as pequenas caben mellor pola abertura superior e no interior do colector acomódanse máis.

COLECTOR AZUL: PAPEL E CARTÓN

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Papel e caixas de cartón
  • Libros, periódicos, revistas, etc.

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Bricks (cartón de zume, leite, etc.)
  • Panos de mesa
  • Papel de cociña usado
  • Cueiros e compresas

HORARIO DE RECOLLIDA

Mércores pola mañá

TEN EN CONTA…

As caixas de cartón deben ir correctamente pregadas e introducidas no colector xa que aquelas que quedan nas beirarrúas ensúcianse, móllanse e, como non serven para reciclar, non son recollidas.

Evita imprimir cousas innecesarias. Elixe o formato dixital sempre que sexa posible. Coas compañías de teléfono, electricidade e outros servizos solicita a factura electrónica, recibirala no correo electrónico que desexes e reducirás o papel da factura, o da propaganda que moitas veces a acompaña e o do sobre.

Reemprega os papeis usados por unha soa cara para tomar notas, debuxar… Co papel xa empregado polas dúas caras pódese facer papel reciclado.

IGLÚ VERDE: VIDRO

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Botellas de vidro
  • Frascos de conservas
  • Frascos de vidro (colonias, perfumes)
  • Tarros de alimentos

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Bombillas e fluorescentes
  • Tapas de tarros (colector amarelo)
  • Ventás e espellos
  • Vasos, louza, cinceiros, etc.
  • Botes de medicamentos (Punto Sigre nas farmacias)

Estes residuos poden xestionarse no Punto Limpo

TEN EN CONTA…

Sempre que poidas, opta por envases de vidro retornables.

Reemprega os botes de vidro para gardar produtos mercados a granel, conservar produtos contidos en latas ou outros envases ou como alternativa ás fiambreiras para gardar comidas. Podes empregalos tal cal, pintalos ou decorar as tapas para que queden mais bonitos.

COMPOSTEIRO

Se queres saber mais sobre a compostaxe tes mais información neste enlace

Tamén podes solicitar de balde o teu composteiro individual ou inscribirte a compostaxe comunitaria

 

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Froitas e verduras
  • Carne e peixe
  • Pan, pasta e arroz
  • Comida crúa ou cociñada
  • Cascas de ovos, mariscos e froitos secos
  • Papel de cociña branco, sen tintas
  • Flores, follas e plantas de xardín (ben trituradas)

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Vidro, metal, plásticos ou briks
  • Pegatinas da froita
  • Cabichas de tabaco
  • Cueiros ou produtos de hixiene feminina
  • Medicamentos
  • Taboleiros e aglomerados de madeira
  • Papel e cartón con tintas
  • Roupa
  • Excrementos de animais.

 

PILAS

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Pilas
  • Pilas botón
  • Acumuladores ou baterías de aparellos electrónicos domésticos

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Baterías de coche
  • Baterías e acumuladores de orixe industrial

TEN EN CONTA…

Sempre que sexa posible emprega pilas e baterías recargables.

Poden entregarse nos colectores habilidatos para tal fin dispoñibles nos edificios municipais (Auditorio, Polivalente, Concello, …) así como nos establecementos de venda de electrodomésticos. Tamén poden xestionarse a través do Punto Limpo.

TÉXTIL

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Roupa en calquera estado
  • Calzado en calquera estado
  • Bolsos
  • Sábanas, mantas e colchas (sen recheo)

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Almofadas
  • Nórdicos
  • Alfombras
  • Cortinas

COLECTORES NA RÚA

  • Campo de balonmán en Novás
  • Diante da Cámara Agraria
  • CPI Manuel Suárez Marquier
  • Parque de Pías
  • A carón de Adegas Valmiñor

TEN EN CONTA…

O téxtil ten que depositarse en bolsas pechadas dentro do colector xa que o téxtil mollado non serve para reciclar.

COLECTOR DE ACEITE

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Aceite de cociña usado.

COMO EMPREGAR O COLECTOR? Agarda a que o aceite enfríe. Verque o aceite nunha botella de plástico (dun volumen inferior a 5 litros para que caiba pola boca do colector). NON empregar botellas ou frascos de vidro xa que rompen. Tapa ben a botella para evitar verquidos. Lévaa ao colector mais próximo.

QUE NON SE PODE DEPOSITAR? Aceites de coche e outros de orixe non doméstica. Estes residuos poden xestionarse no Punto Limpo

COLECTORES NA RÚA LISTAXE COLECTORES

  • Explanada do Horizonte
  • Praza de San Xián
  • Diante Bar San Martiño (Martín)
  • Estrada da Mó (Novás)
  • CPI Manuel Suárez Marquier
  • Camiño do Cardal
  • Estrada da Pousa
  • Cumieira de Abaixo
  • Alto do Morán
  • Rúa Paraíso
  • Rotonda Campo da Feira
  • Praza de Fornelos
  • Diante Restaurante Paradela (Tabagón)
  • Camiño da Igrexa (Eiras)

TEN EN CONTA…

Podes reempregar o aceite de cociña usado para facer xabón caseiro.

RESTO

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Cueiros
  • Produtos de hixiene feminina
  • Restos de varrer
  • Papel con tintas sucio
  • Excrementos animais

QUE NON SE PODE DEPOSITAR? Calquera residuo susceptible de ser reciclado por outra vía

TEN EN CONTA…

Deposita os residuos dentro dunha bolsa correctamente pechada. Deste xeito evítase que os restos queden esparexidos polo colector ensuciándoos e contribuíndo a xerar malos cheiros.

Deposita os teus residuos a última hora do día e evita as fins de semana. O servizo municipal de recollida realiza a súa ruta de luns a venres, se tod@s levamos os nosos residuos de domingo a xoves, contribuímos a evitar que estes fermenten dentro do colector xerando malos cheiros.

PUNTO SIGRE

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Medicamentos caducados
  • Medicamentos que non precises
  • Caixas de medicamentos
  • Envases baleiros ou con resto

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Agullas
  • Termómetros
  • Gasas
  • Produtos químicos
  • Radiografías
  • Pilas

TEN EN CONTA…

Estes residuos non poden ser xestionados a través do Punto Limpo senón que hai que levalos ao Punto Sigre da farmacia.

As caixas de cartón e envases plásticos ou de vidro, tanto baleiros como con resto de medicamentos non deben tirarse nos colectores de rúa de recollida selectiva.

PUNTO SIGFITO

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Envases baleiros de fitosanitarios: sulfatos, herbicidas, plaguicidas, …

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Produtos fitosanitarios portugueses
  • Envases con símbolo SIGFITO con restos de produto
  • Envases sen símbolo SIGFITO

TEN EN CONTA…

Os puntos de recollida SIGFITO recollen os envases sen custe engadido e danlle unha saída axeitada a este residuo.

NEUMÁTICOS

COMO XESTIONALOS?

Ao facer o cambio de rodas do vehículo, o propio taller xa paga pola súa xestión polo que é alí onde deben quedar. Se por algún motivo non se deixaron no taller no momento do cambio, fala con eles para poder xestionalos de maneira adecuada.

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Rodas de carretilla
  • Rodas de bicicleta

Estes residuos poden xestionarse no Punto Limpo

TEN EN CONTA…

Cada vez que cambias un neumático, o taller cóbrate pola xestión dese residuo xa que están obrigados por Lei. Tanto se o deixas alí como se o levas para a casa, vas pagar o mesmo. Fai unha xestión responsable dos residuos.