RECICLA

Separa para sumar futuro

Súmate á reciclaxe, porque separar suma futuro. Descubre aquí toda a información sobre a separación de residuos e os seus colectores, cun mapa interactivo que te leva por todos os recunchos do Concellol do Rosal. Nestes mapas atoparás os contedores máis próximos ao teu domicilio. 

Reciclaxe

No colector amarelo

QUE SE PODE DEPOSITAR?

  • Botellas e envases de plástico: bolsas, envoltorios, botellas con tapas, terrinas, bandexas, etc.
  • Envases metálicos: latas, aerosois, tapóns metálicos, bandexas de aluminio, etc.
  • Bricks (leite, zume, etc)

QUE NON SE PODE DEPOSITAR?

  • Xoguetes, baldes, cadeiras de plástico, etc
  • Biberóns e chupetes
  • Utensilios de cociña
  • Cápsulas de café
  • CD-ROM

HORARIO DE RECOLLIDA

Martes: centro do Rosal

Venres: todo o concello

TEN EN CONTA…

Os envases de plástico, aínda que pesan pouco, ocupan un volume moi grande polo que enchen rápido o colector amarelo. Nós podemos contribuír a non saturar este colector dos seguintes xeitos:

–  Buscar alternativas dos produtos sen envases

–  Esmagar os envases antes de tiralos ao lixo: latas, botellas, bricks,…

Empregar bolsas mais pequenas para os envases. Con este xesto evitaremos atascar o colector amarelo con bolsas moi grandes xa que as pequenas caben mellor pola abertura superior e no interior do colector acomódanse mais.

COLECTOR AMARELO: ENVASES

Envases baleiros de plástico e metal: latas, aerosois, briks, …

COLECTOR AZUL: PAPEL E CARTÓN

Papel, cartón pregado, libros, revistas, xornáis, …

IGLÚ VERDE: VIDRO

Botellas de vidro, tarros, frascos de conservas, …

COMPOSTEIRO

Restos de materia orgánica

PILAS

Pilas, pilas botón, acumuladores ou baterías de aparellos electrónicos domésticos

TÉXTIL

Roupa, calzado e roupa de fogar

ACEITE

Aceite de cociña

RESTO

Residuos non reciclables que non poden ser xestionados doutro xeito

PUNTO SIGRE

Restos de medicamentos e envases baleiros …

PUNTO SIGFITO

Envases baleiros de produtos fitosanitarios que leven o símbolo de SIGFITO

NEUMÁTICOS

Rodas de coche, moto, …

ENVASES BALEIROS

Plásticos e metálicos con punto verde

COLECTOR AMARELO