Consulta horarios no punto limpio ou chamando ao Concello ao teléfono 986 62 50 00
Camiño das Aceñas, 36770, Valdemiñotos, O Rosal
Pulsa aquí para pedir a túa cita
Sempre que sexa posible, emprega os colectores disoñibles na rúa para depositar residuos como aceite, téxtil, papel e cartón e envases plásticos ou metálicos baleiros. Consulta que residuos poden ser desbotados neles e onde atopalos en RECICLA.
Os residuos a levar ao Punto Limpo teñen que ir desmontados e separados por tipoloxías para ser depositados no colector correspondente minimizando a interacción co persoal.
Para a cita hai que ser puntual e agardar fóra das instalacións ata ser atendidos polo persoal encargado do Punto Limpo. No caso de non acudir na data e hora previamente concertadas, perderase a cita.
O Punto Limpo é de uso exclusivo para persoas residentes no concello do Rosal. As industrias non poden entregar residuos no Punto Limpo, deben ter contratado este servizo cun xestor autorizado.
Os envases plásticos ou metálicos BALEIROS que teñan os símbolos indicados na imaxe, deposítanse nos colectores amarelos da rúa (colector de envases).
E se o envase contivo fitosanitarios, escumas, pinturas ou outros residuos perigosos, tamén vai ao colector amarelo?
Se o envase contén o símbolo de ECOEMBES, da igual o que contivera no seu interior, ese símbolo indica que, estando baleiro, é reciclable a través do colector amarelo.
E se é outro tipo de plástico?
No Punto Limpo dispoñemos dun espazo para recoller o plástico duro ou de invernadoiro non reciclable a través do colector amarelo da rúa.
Onde poden levarse as pilas?
As pilas poden depositarse no Punto Limpo ou nos contenedores habilitados para tal fin que hai no Concello, no centro social polivalente, no Auditorio, nas tendas de electrodomésticos,…
E as pilas recargables que non funcionan?
As pilas recargables van ao mesmo colector que as de un só uso.
Por que non hai colectores para pilas na rúa?
Os colectores de pilas da vía pública, malia que están presentes en moitos concellos, xeran un problema de contaminación xa que as pilas verten líquidos contaminantes que deben ser recollidos en colectores estancos que non permitan o seu derrame accidental.
Os colectores da rúa queda expostos ás condicións climáticas adversas, producindo arrastre e derrame de sustancias tóxicas perxudiciais para o medio ambiente. Por este motivo, non contamos con colectores de pilas e baterías nas rúas.
Que se pode depositar?
Que cousas non se poden botar?
Hai un límite? Por que?
Como máximo, unha vivenda pode levar ao punto limpo 12 capachos de entullo ao ano e, nunha viaxe, 6 capachos. O motivo deste límite é que esa é a cantidade que se considera asumible para ser xestionada a través do punto limpo.
Cando unha persoa contrata unha obra na súa casa, o propio contratista debe de facerse cargo de xestionar os residuos de entullo. Se é a propia persoa a que executa a obra, e dita obra excede o límite de 12 capachos de entullo xerados, tamén tería a obriga de contratar un contedor de entullo a un xestor.
Ademais así queda recollido no regulamento de funcionamento do Punto Limpo do Rosal e na lei. Toda obra realizada debe contar cunha licenza de obra municipal e toda licenza de obra debe contemplar o destino dos residuos xerados, é dicir, o aluguer dun colector para estes no caso de superar os límites admisibles no punto limpo.
O Real Decreto 105/2008, de 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, establece entre as obrigas impostas á persoa produtora de residuos, a inclusión no proxecto de obra dun estudo de xestión dos residuos de construción e demolición que se produzan nesta, que deberá incluír, entre outros aspectos, unha estimación da súa cantidade, as medidas xenéricas de prevención que van adoptarse, o destino previsto para os residuos, así como unha valorización dos custos derivados da súa xestión que deberán formar parte do presuposto do proxecto. Tamén, como medida especial de prevención, establécese a obriga, no caso de obras de demolición, reparación ou reforma, de facer un inventario dos residuos perigosos que se xeren proceder á súa retirada selectiva e entrega a xestores autorizados de residuos perigosos (p. ex. uralita).
E que fago cos postes da viña ou de muros?
Segue as mesmas regras descritas anteriormente, pódese entregar no punto limpo mentres que non superen os límites establecidos.
Como xestionalos?
Ao facer o cambio de rodas do vehículo, o propio taller xa paga pola súa xestión polo que é alí onde deben quedar. Se por algún motivo non se deixaron no taller no momento do cambio, fala con eles para poder xestionalos de maneira adecuada.
Que tipo de rodas poden levarse ao punto limpo?
Ten en conta…
Cada vez que cambias un neumático, o taller cóbrate pola xestión dese residuo xa que están obrigados por lei. Tanto se o deixas alí como se o levas para a casa, vas pagar o mesmo. Fai unha xestión responsable dos residuos.
E se por hobby dedícome a deportes de motor e cambio os pneumáticos na casa para aforrarme uns cartos?
Estás dentro da túa liberdade sempre e cando non infrinxas ningunha normativa. Pero para xestionar os pneumáticos vellos deberás pagar a un xestor autorizado.
Como sei onde teño que tirar o envase?
Se o envase está cheo, debes levalo ao Punto Limpo. Se o envase está baleiro, o primeiro que debes facer é revisar os símbolos do envase:
PUNTO VERDE | SIGFITO |
Colector amarelo | Punto de recollida |
Se o envase ten un símbolo de “Punto Verde”, bótase directamente en calquera dos colectores amarelos da rúa.
Se o envase ten o símbolo de SIGFITO, debe ser levado a calquera dos puntos de recollida SIGFITO, da igual se o mercaches nese lugar ou noutro, para os establecementos non ten un custo de recollida adicional.
Que se pode depositar nos establecementos con punto de recollida SIGFITO?
Envases baleiros de fitosanitarios: sulfatos, herbicidas, praguicidas,…
Que non se pode depositar?
Produtos fitosanitarios portugueses, envases con símbolo SIGFITO con restos de produto, envases sen símbolo SIGFITO
Ten en conta…
Os puntos de recollida SIGFITO recollen os envases sen custo engadido e danlle unha saída axeitada a este residuo.
E se merquei un produto en Portugal porque era máis barato?
Para mercar fitosanitarios é preciso dispoñer dun carné que nos habilite para elo. Cada país ten o seu sistema de xestión de fitosanitarios polo que os produtos adquiridos en Portugal teñen que ser xestionados en Portugal a través do sistema que o país veciño ten establecido.
Se o envase ten un símbolo de “Punto Verde”, bótase directamente en calquera dos colectores amarelos da rúa.
Por que hai un límite de 10 unidades?
Os aerosois que deben ser depositados no Punto Limpo son exclusivamente aqueles que teñen resto de produto ou que están baleiros e carecen do símbolo de “Punto Verde” no seu envase. As lacas, escumas de pelo, escumas de afeitar, desodorizantes, etc. levan o símbolo de “Punto Verde” polo que teñen que depositarse no colector amarelo de envases.
Xeralmente, os únicos envases que non teñen punto verde son os empregados en construción (escumas illantes, siliconas, etc. ). Dado que no punto limpo só poden aceptarse residuos de orixe doméstica, asúmese que ningunha persoa ten no seu fogar unha cantidade superior a 10 envases deste tipo de residuos, agás que se adique profesionalmente a facer reformas, e nese caso debe contar cun xestor de residuos autorizado.
Por que non podo levar este tipo de residuos ao Punto Limpo?
Este tipo de residuos non se consideran legalmente residuos de orixe doméstica polo que non poden ser xestionados a través dun Punto Limpo para residuos domésticos. O normal é que cando cambias unha peza do coche, isto se faga nun taller e, o propio taller se encarga de contratar a xestión deste residuo cun xestor autorizado.
Toda persoa é libre de facer os cambios oportunos de pezas de coche na súa casa, sempre dentro da legalidade, e, de facelo, debe responsabilizarse e costear a xestión adecuada dos residuos xerados.
Merquei un colchón, que fago co vello?
Ao mercar un colchón, o máis probable é que a propia tenda teña un servizo de xestión de residuos e que te retiren, de xeito gratuíto ou con un pequeno custo adicional, o colchón vello que tes no teu fogar.
Se non queres correr cos gastos de xestionar o colchón vello a través da empresa que te subministra o novo, sempre podes depositalo no Punto Limpo a través de medios propios. Iso si, o límite anual por vivenda é de 4 colchóns, máis que suficiente xa que ningún particular cambia todos os colchóns cada ano. Se alguén renova os colchóns con maior frecuencia porque desempeña algún tipo de actividade comercial, debe contactar cun xestor autorizado que lle retire dito residuo.
O prazo recomendado para cambiar un colchón é duns 10 anos. Malia iso, son moi poucas as persoas que fan un cambio de colchón con esta frecuencia, máis ben adoitan quedar bastantes anos máis nos nosos fogares. Por este motivo, o límite anual establecido no Punto Limpo do Rosal para a recollida de colchóns é máis que suficiente para dar servizo á veciñanza.
E se levo o colchón ao punto limpo, teño que desmontalo?
Non. Os colchóns, da igual se teñen un recheo de muelles, se son de escuma, de viscoelástica ou do material que sexan, son depositados nun colector e levados á planta de tratamento sen desmontar.
O polispán é un residuo valorizable que pode ser depositado no colector amarelo da rúa. O problema que ocasiona é debido ao seu volume polo que se xestiona a través do Punto Limpo.
As persoas e/ou pequenos comercios que teñan polispán de gran tamaño ou en gran cantidade, por exemplo, o que ven na embalaxe dun electrodoméstico, caixas de polispán, etc. deben metelo en bolsas transparentes pechadas e levalo ao punto limpo para non saturar os colectores de envases da rúa.
E se está sucio?
Por exemplo, se foi usado como illante nunha obra e ten restos de escumas, nese caso o polispán non pode ser reciclado.
ACEITES MINERAIS:
ACEITES VEXETAIS:
Aceite para cociñar en ámbito doméstico, hostelería, restauración e análogos.
Tamén poden depositarse en colectores habilitados en distintos puntos do Concello
Os distribuidores deberán recoller un RAEE equivalente ao que se merca.
Os grandes distribuidores con zona de venta > 400 metros cadrados deben recoller RAEEs pequenos (dimensión < 25cm), de forma gratuita e sen que o usuario merque outro aparello.
No Punto Limpo almacénanse en xaulas diferenciadas e en condicións de seguridade.
Reciclaranse fluorescentes, leds, lámpadas de descarga e aforradoras pero non se recollerán halóxenos e lámpadas de filamentos.
Almacenar de forma SEPARADA:
Ao igual que co resto de envases, os baleiros co símbolo de punto verde deposítanse no colector amarelo.
Este tipo de residuos non poden ser admitidos nun Punto Limpo dada a súa perigosidade. Deben ser entregados no mesmo establecemento no que se adquiriron para a súa correcta xestión.
Dentro deste tipo de residuos englóbanse: bengalas de barco, cartuchos de escopeta, bombonas de camping gas, …
Os botes de vidro que leven restos de produto deben ser baleirados e botados no colector de reciclaxe correspondente. Se o produto está caducado ou en mal estado, o bote debe baleirarse e tirarse despois no iglú de vidro.
O mesmo acontece coas botellas. Se tes botellas de viño (ou outro produto) cheas, antes de tiralas tes que baleirar o seu contido. Unha vez baleiras, as botellas van ao iglú verde.
As redes de pesca e nasas deben depositarse nos colectores habilitados para tal fin no propio porto. O punto limpo non dispón dun colector onde depositar este tipo de residuos xa que non son residuos domiciliarios.
Este tipo de residuo non conta cun colector específico no punto limpo polo que deberá ser metido en bolsas que, unha vez pechadas, serán depositadas nos colectores de resto da rúa.