Nada mellor para contribuír a un futuro sostible que non desbotar dende o primeiro momento aqueles aparellos, mobles, electrodomésticos… que se estraga. Non fai falla ser un experto, soamente ter unhas nocións básicas e as ferramentas para poder aplicalas.
No Centro Municipal de Reparación do atoparás un espazo creado para o intercambio, a reparación e a reutilización de obxectos, un lugar dotado co material necesario para que nel poidas reparar pequenos aparellos eléctricos, bicicletas e outros enseres. O obxectivo? Alongar a vida útil dos bens materiais dos nosos fogares.
Se queres algunhas ideas para arranxar os teus obxectos bótalle un ollo a estes titoriais, seguro que atopas as mellores solucións.