Outros

Solicitude de permisos de queima

Para tramitar os permisos de queima seguir os pasos indicados na web da Xunta habilitada para tal fin:

https://queimasweb.xunta.gal/queimasweb/

 

Para mais información, consultar o seguinte enderezo web:

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/tramites/comunicacions-de-queimas

Chamar ao 012

Información sobre niños de velutina

Para informar sobre un niño de velutinas é preciso enviar un correo electrónico ou chamar por teléfono aos contactos habilitados pola Xunta para tal fin.

enviar un correo electrónico ao 012@xunta.gal

chamar ao 981 900 643 (gratuíto) ou ao 012 (con custo)*

Tanto no correo como na chamada hai que facilitar os seguintes datos:

  • Localización do niño: Provincia – Concello – Parroquia – Lugar (+ enderezo completo)
  • Altura con respecto ó chan.
  • Tamaño do niño, (comparable a un balón de fútbol, pelota de tenis etc.)
  • Confirmar se o niño ten, ou non; actividade.
  • A vivenda na que está emprazado trátase dunha segunda residencia ou dunha vivenda habitual?
  • Nome da persoa de contacto.
  • Teléfono de contacto que poida indicar onde está exactamente o niño cando os servizos da Xunta se acheguen a retiralo.

*O custo das chamadas ao teléfono de información 012 ten un prezo fixo, independente do tempo de duración (equivalente a unha chamada ordinaria en territorio nacional de 160 segundos de duración), que depende de cada operador de telefonía, podendo oscilar entre 0,43 € e 0,83 € (IVE incluído).

Tendo en conta que unha parte considerable das persoas usuarias de telefonía móbil teñen contratada unha tarifa plana por chamadas a móbiles ou fixos, o emprego da liña alternativa 981 900 643 non debería supoñer un incremento na factura que xa tiña que aboar o/a usuario/a.

Este custo vén regulado pola Resolución de 21 de novembro de 2012, da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, pola que se atribúe o número 012 ao servizo de información das Administracións Autonómicas. De acordo coa mesma, ditouse a Resolución do 30 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, pola que se lle dá publicidade á Resolución do 10 de xuño de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, relativa á opción da Comunidade Autónoma galega respecto ás tarifas para os usuarios do 012.

https://www.xunta.gal/horario-e-tarifas-do-012