Tes dúbidas? Contestamos a moitas delas neste apartado de preguntas frecuentes da páxina de medio ambiente do Concello do Rosal. E se non atopas resposta ás dúbidas que buscas contacta con nós!
O proceso de compostaxe ten un olor característico e agradable que lembra aos dun bosque húmido. Para que todo vaia correctamente dentro do composteiro os materiais deben estar ben mesturados.
Se compostas correctamente non atraerás a animais indesexados. Poden aparecer moscas da froita ou formigas, o que indicaría que é preciso incorporar material seco ou que non está mesturado o suficiente. Colocar a malla na parte inferior evita ademais a entrada de roedores.
Ao ser un produto natural pode aplicarse a calquera planta. Iso si, non debe pasarse da cantidade recomendada: 20% de compost mesturado con terra nunha maceta e entre 0,5 e 4 kg por metro cadrado na horta.
Podes deixalo un tempo sen atender sen que ocorra nada, aínda que o máis probable é que aparezan olores e moscas da froita ou que a materia estea seca e fría. En calquera caso o problema tería solucións sinxelas.
Non. A compostaxe individual produce un compost de alta calidade. Será despois cando o compost se empregue para plantar ou fertilizar cando a mestures coa terra.