Nada mellor para contribuír a un futuro sostible que non desbotar dende o primeiro momento aqueles aparellos, mobles, electrodomésticos… que se estragan. Non fai falla ser un experto, soamente ter unhas nocións básicas e as ferramentas axeitadas para poder aplicalas.
No Centro Municipal de Reparación atoparás un espazo creado para o intercambio, a reparación e a reutilización de obxectos, un lugar dotado co material necesario para que nel poidas reparar pequenos aparellos eléctricos, bicicletas e outros enseres. O obxectivo? Alongar a vida útil dos bens materiais dos nosos fogares.
Se queres algunhas ideas para arranxar os teus obxectos bótalle un ollo a estes titoriais, seguro que atopas as mellores solucións.
Guías de reparación de aparellos electrónicos.
Vídeos titoriais de reparación de aparellos informáticos.
Como reparar pantallas LED, LCD e plasmas.
Todos os recursos para aprender a desenvolverte no mundo da electrónica.
Análises, unboxings, trucos e titoriais sobre tecnoloxía, móbiles, tabletas, ordenadores e wearables.
Reparación de móbiles, tabletas, consolas, periféricos e electrodomésticos.
Aprende paso a paso a reparar as avarías máis comúns que sufren os electrodomésticos.
Vídeos didácticos de reparación de aparellos eléctricos e electrónicos.
Para desfrutar da túa bicicleta ao máximo, tamén reparándoa.
Titoriais para arranxar a túa bicicleta.
Para aprender sobre mecánica para reparar a túa bicicleta e estar ao día das novidades do sector.
Mantemento e reparación da bicicleta.
Titoriais instrutivos sobre o mundo do ciclismo.
O mundo das bicicletas dende todos os ángulos.
Todo sobre bicicletas, mecánica, conducción, seguridade vial, accesorios e moito máis.
Como restaurar e recuperar mobles antigos.
Os segredos e claves da carpintería da man dun carpinteiro profesional.
Once proxectos para facer con palés paso a paso.
Titoriais sobre restauración de mobles e obxectos antigos.
Vídeos titoriais sobre decoración, bricolaxe e manualidades.
Consellos e trucos para coidar o teu fogar.
Ideas doadas para facer arranxos e pequenas reformas na túa casa.
Todos os traballos de bricolaxe do programa Bricomanía nunha soa canle.
Trucos para a madeira, consellos e moito máis.
Ideas para fomentar a reciclaxe e a reutilización.
Manualidades e reciclaxe con diferentes materiais.
Ideas para reciclar os materiais máis variados, incluso as lamias usadas.
Manualidades sinxelas, decoración, trucos de remodelación e restauración.
Ideas para a reutilización de produtos.
Como reutilizar os teus produtos.
Trucos e manualidades para facer ti mesmo/a.
Titoriais DIY, reciclaxe creativo e decoración.
Ideas para personalizar os teus obxectos.
Proxectos DIY curiosos e interesantes para a túa roupa.
Costura creativa, reciclaxe de prendas, trucos, cursos e patróns gratuítos.
Ideas para reciclar roupa, calzado e accesorios.
Dalle unha segunda vida a túa roupa... e outros obxectos.
Ideas DIY para customizar roupa e accesorios.
Trucos para reciclar a roupa vella.
Aquí podes aprender as diferentes técnicas de patchwork.