O Rosal aproba a licitación de 500 composteiros individuais para repartir entre a veciñanza

O ROSAL APROBA A LICITACIÓN DE 500 COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS PARA REPARTIR ENTRE A VECIÑANZA

O Concello do Rosal aprobou en Xunta de Goberno a licitación para a adquisición de 500 novos composteiros individuais que se repartirán entre a veciñanza que os solicite. Serán composteiros de 400L de volume que irán acompañados de aireador, caldeiro e base antirroedores perfectos para colocar en vivendas que conten cun pequeno espazo.

As persoas interesadas en ter un destes composteiros soamente teñen que inscribirse na páxina web de Medio Ambiente do Rosal, no apartado de compostaxe, e solicitar o seu. O mestre composteiro ofrecerá toda a información e o asesoramento técnicos necesarios para poñelo en marcha e poder estar desfrutando en pouco tempo de compost. Na páxina web tamén se poden resolver as dúbidas e consultar o titorial de montaxe das unidades.

Trátase dunha acción posta en marcha como parte da estratexia do Concello do Rosal para potenciar a compostaxe individual nas vivendas do municipio, nas que actualmente hai instaladas 408 composteiros con capacidade para tratar entre todos eles unhas 147 toneladas ao ano. A iniciativa forma parte dun programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos destinadas ao fomento da compostaxe in situ, creado ao abeiro dunha liña de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cofinanciadas polo Fondo Europeo de Dsenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020.