Ampliará a cobertura de servizo ás edificacións verticais dos barrios do Calvario, Couso e unha pequena parte do Casal e A Lomba. Xunto co composteiro xa existente poderase atender a unhas 600 persoas e xestionar unhas 60 toneladas de materia orgánica ao ano
Baixo o lema ‘Únete ao cambio’ esta web aglutina toda a información, recursos e trámites dispoñibles para que a veciñanza faga unha xestión responsable dos residuos